Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión de data 28 de setembro de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilagarcía de Arousa para cambia-los trazados de dous pasos a desnivel.

O que se fai público facendo constar que o expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente no Departamento de Urbanismo do Concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 16 de outubro de 2000.

Joaquín J. Gago López

Alcalde