Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ACORDO do 10 de novembro de 2000, da Comisión de Goberno Municipal, polo que se acorda inicia-lo expediente de contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da obra incluída no Fondo de Cooperación coas entidades locais, anualidade 2000.

Obxecto.

É a execución da obra denominada depuradora de augas residuais en Vilar de Mouros.

Tipo de licitación.

8.335.529 pesetas (50.097,54 euros).

Fianza provisional.

2% do tipo de licitación.

Fianza definitivo.

4% do importe de adxudicación.

Información.

Secretaría do Concello. Teléfono 981 45 90 06.

Proposicións. Data límite.

Ata as 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso.

BOP da Coruña.

A Capela, 10 de novembro de 2000.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente