Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO de concurso para redacción de proxecto.

Aprobado pola Comisión de Goberno, do 5 de outubro de 2000, o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas para a contratación de consultoría e asistencia na redacción do proxecto básico e executivo da primeira promoción municipal de viviendas de protección oficial da Tafona (Caldas de Reis), exponse ó público polo prazo de oito días hábiles a partir do seguinte da inserción deste anuncio no DOG para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público por procedemento aberto e tramitación ordinaria segundo o referido prego que se extracta, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formularan reclamacións contra o prego.

Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e executivo da primeira promoción municipal de

vivendas de protección oficial da Tafona (Caldas de Reis).

Procedemento de adxudicación: concurso aberto, tramitación ordinaria.

Prazo de execución: proxecto básico: 60 días. Proxecto de execución: 60 días.

Orzamento.

Proxecto básico: 7.886.198 pesetas. Proxecto de execución: 10.514.931 pesetas.

Importe total: 18.401.129 pesetas 110.594 euros.

Obtención de documentación e información.

Casa do Concello de Caldas de Reis, rúa Ferrería, nº 1 C.P. 36650, teléfono 986 54 00 02/110, fax 986 53 03 93.

Presentación de ofertas: quince días seguintes ó da publicación do anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a esixida no artigo 8 do prego de cláusulas.

Caldas de Reis, 9 de outubro de 2000.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde-presidente