Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

PLAN parcial modificado do polígono do Valado.

O Concello Pleno, en sesión do día 9 de outubro do ano 2000, acordou aprobar, con carácter definitivo, o proxecto de modificación do plan parcial do polígono do Valado. O que se fai público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia ó tempo de que advirte que o texto íntegro da normativa da modificación do plan parcial aprobado será publicado no BOP, da Coruña.

Contra este acto de aprobación definitiva que esgota a vía administrativa poderá interpoñer quen se considere lexitimado, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do texto íntegro da normativa modificada no BOP.

Brión, 18 de outubro de 2000.

José Luís García García

Alcalde