Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 2/2000 a Cruceiro, S.A.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 2/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por José Luis López Rodríguez, contra a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 2/2000.

Vista a denuncia presentada por José Luis López Rodríguez da vivenda 4º B da rúa Angelo Colocci, 32 desta cidade de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 17 de marzo de 1998 José Luis López Rodríguez formula denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 4º B do inmoble citado.

Segundo.-Consecuentemente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 17/1998, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a execución.

Terceiro.-Con data do 18 de maio de 2000 dictouse proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A. dunha sanción consistente nunha multa de 500.001 pesetas.

A proposta foi notificada a través do Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do seu domicilio social.

Concedido un prazo de 15 días a denunciantes e denunciado para que formulasen alegacións, ningunha das partes intervenientes fixo uso dese dereito.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora Cru

ceiro, S.A., incumpriu a obriga de emenda-las deficiencias observadas.

Fundamento de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada na alínea e, do artigo 6º, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terá a cualificación de infraccións moi graves... a neglixencia de promotores, constructores e facultativos durante a execución das obras de vivendas de protección oficial que dese lugar a vicios ou defectos que afecten a edificación de vivendas de protección oficial e se manifesten durante os 5 anos seguintes á data de expedición da cédula de cualificación definitiva».

3. Que o artigo 7. 1º.c, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, sanciona con multa de 500.001 hasta 10.000.000 de pesetas, as infraccións cualificadas como moi graves, sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a Lei 13/1996, do 30 de decembro, autorizándose en calquera caso á administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracción en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

1. Sanciona-la promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., como autora dunha infracción cualificada como moi grave no artigo 6º alínea e, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha multa de 500.001 pesetas por incumprimento da obriga de repara-los vicios ou defectos denunciados na vivenda 4º B do nº 32 da rúa Angelo Colocci desta cidade de Lugo.

2. Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación requiridas a súa execución por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, diante do conselleiro

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 12 de setembro de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo