Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, por concurso e procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza do edificio sede da institución para o ano 2001.

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servicio de limpeza do edificio sede da institución durante o ano 2001.

b) Lugar de execución: edificio sito na r/ Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

c) Prazo de prestación: desde o 1 de xaneiro, ou a data de sinatura do contrato de ser posterior, ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.495.000 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 129.900 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: r/ Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15071.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: xustificación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional polos seguintes medios de acreditación:

-Solvencia económica e financeira: medios previstos nas alíneas a) e c) do artigo 16 do TRLCAP, segundo detalle que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Solvencia técnica ou profesional: medios previstos nas alíneas b) e d) do artigo 19 do TRLCAP, segundo detalle que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que se debe presentar: a requirida na base 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, r/ Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la proposición: tres meses, a contar desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: r/ Ramón Piñeiro, número 29.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou festivo.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncio:

a) Á conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia