Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 10.5/1992-II (B), por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de interesados, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo L.C) e do seu regulamento (en diante R.C.).

O que se lles comunica ós interesados, de conformidade cos artigos 19.1º do Real decreto 1398/1993 e 194.10 do regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan obte-las copias dos documentos que constan no expediente que coiden oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crean pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 18 de outubro de 2000.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 10.5/92-II (B).

Interesados: José Antonio Devesa Otero e María Rosa Sánchez Aguiño.

Condición: propietarios.

Último enderezo coñecido: estrada da Lanzada-S. Vicente do Mar, nº 33, O Grove.

Data da proposta: 5-9-2000.

Feitos: construcción de vivenda e piscina.

Lugar: Punta Raeiro.

Concello: O Grove.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C., proponse a imposición a Construcciones Silverio Bouzada, S.L., na súa condición de promotor, dunha multa de seis millóns catrocentas noventa e dúas mil cincocentas sesenta e seis pesetas (6.492.566 pesetas), que deberá aboar, ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volve-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia.