Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L. (expediente DP-210/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 210/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por Jesús A. Vilariño Pereira, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 6º D da avenida Carrero Blanco, 195 de Lugo.

As obras de reparación que se realizarán son as necesarias para emenda-las seguintes deficiencias:

-Condensación en dormitorio do dúplex, con filtración pola esquina da medianeira. Fendas horizontais a 40 cm do chan.

-En dormitorio contiguo ó anterior, fendas no teito.

-No terceiro dormitorio do dúplex, fenda lonxitudinal ó longo de toda a dependencia.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 25 de setembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo