Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Amaro, nos concellos de Bueu e Cangas, da provincia de Pontevedra, por parte de José Ángel Otero Cordeiro.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que José Ángel Otero Cordeiro, con domicilio en r/ La Florida, 2, Cangas, presentou nesta delegación provincial, o día 24 de maio de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Amaro, de 8 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito orna

mental, que se sitúa nos termos municipais de Bueu e Cangas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2862, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 49' 00''42º 18' 40''

Vértice 28º 48' 40''42º 18' 40''

Vértice 38º 48' 40''42º 19' 00''

Vértice 48º 47' 40''42º 19' 00''

Vértice 58º 47' 40''42º 18' 40''

Vértice 68º 47' 20''42º 18' 40''

Vértice 78º 47' 20''42º 18' 00''

Vértice 88º 47' 40''42º 18' 00''

LonxitudeLatitude

Vértice 98º 47' 40''42º 18' 20''

Vértice 108º 48' 00''42º 18' 20''

Vértice 118º 48' 00''42º 18' 40''

Vértice 128º 48' 20''42º 18' 40''

Vértice 138º 48' 20''42º 18' 20''

Vértice 148º 49' 00''42º 18' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 18 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra