Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 260/2000).

De conformidade co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 260/2000):

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1, 1º esquerda, 15004 A Coruña.

Denominación: subestación de Boaña 66 kV (subestación de interconexión do parque eólico de Castelo).

Situación: Santa Comba (A Coruña).

Descricións técnicas: subestación a 66 kV para interconexión da L.A.T. a 66 kV, con orixe na subestación 20/66 kV do parque eólico de Castelo, coa L.A.T. a 66 kV Carballo-Negreira propiedade de Unión Fenosa Distribución, composta por xogo de barras a 66 kV, con tres posicións de liña e unha posición para alimentación de servicios auxiliares con transformador de 160 kVA e aparellaxe para medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo proxecto e presenta-las alegacións nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, nun prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña