Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 205/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distrución, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación

para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.141 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta ó C.T. Depuradora de Aguas e final no C.T. do Penal-Cuíña, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no Penal, Cuíña, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.640 m de lonxitude. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Samieira, O Penal, Cuíña, O Pormellor, Camporrozado, Valella de Arriba, A Areosa e A Igrexa, no termo municipal de Ortigueira. (Expediente 205/200).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados, do que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 16 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 205/2000. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. O Penal-Cuíña.Termo municipal: Ortigueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1InsuelasPradoRpta. Emilio Fernández Piñeiro Hernández

Hdos. Ermitas Maseda

Balbina Valverde, 11-1º esqu.

28001 Madrid

12150750

2InsuelasMonte altoRpta. Emilio Fernández Piñeiro Hernández

Hdos. Ermitas Maseda

Balbina Valverde, 11-1º esqu.

28002 Madrid

2256280

3InsuelasPradoRpta. Emilio Fernández Piñeiro Hernández

Hdos. Ermitas Maseda

Balbina Valverde, 11-1º esqu.

28002 Madrid

œ3144220

4InsuelasMonte altoRpta. Carlos Lorenzo Díaz

Hdos. Vicente Lorenzo Fernández

r/ Xral. Franco, 125

15330 Ortigueira

œ3120100

5AreosaMonte altoRpta. Fernanda Lorenzo Franco

Hdos. José Lorenzo Franco

r/ Sol, 30-32

15402 Ferrol

56280

6AreosaMonte altoRpta. Teresa Breijo Giz

Manuel Piñeiro Cortes

r/ Barrié de la Maza, 26-28 dta.

15401 Ferrol

4274370

7AreosaMonte altoDolores Fojo Muíñosr/ Xral. Franco, 66

15330 Ortigueira

20220

8AreosaMonte altoRpta. Fernanda Lorenzo Franco

Hdos. José Lorenzo Franco

r/ Sol, 30-32

15402 Ferrol

22220

9AreosaMonte altoRpta. Carlos Lorenzo Díaz

Hdos. Vicente Lorenzo Fernández

r/ Xral. Franco, 125

15330 Ortigueira

5-64126630

10Sub-PenidoMonte altoRpta. Fernanda Lorenzo Franco

Hdos. José Lorenzo Franco

r/ Sol, 30-32

15402 Ferrol

26130

11Sub-PenidoMonte altoRpta. Carlos Lorenzo Díaz

Hdos. Vicente Lorenzo Fernández

r/ Xral. Franco, 125

15330 Ortigueira

72144720