Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 276/2000, do 2 de novembro, polo que se autoriza a cesión por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Santiago de Compostela, de diversas travesías, en virtude do convenio asinado o 25 de maio de 1988.

O Concello de Santiago de Compostela solicita con data do 26 de maio de 2000 que, en virtude do

convenio subscrito entre a antiga Concellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e o dito concello ó 25 de maio de 1988, se proceda á cesión de diversas travesías coa finalidade de mellora-la rede viaria do termo municipal de Santiago de Compostela.

Conforme o citado convenio subscrito ó 25 de maio de 1988, e o sinalado no artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, que establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas nas que a circulación adquira características urbanas entregaránselles os concellos respectivos; e tendo en conta o disposto nos artigos 4 e 5 da mesma lei, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de novembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Autoriza-la cesión por parte da Xunta de Galicia a prol do Concello de Santiago de Compostela, dos treitos das vías a seguir se relacionan:

-Hórreo (desde a confluencia coa avenida de Lugo. Tramo da antiga N-525), recollida no convenio como N-525. Zamora-Santiago (r/ Hórreo).

-Rúa da Senra, avenida de Xoán Carlos I e Rosalía de Castro (ata o cruzamento con Romero Donallo, tramo da LC-463), recollidas no convenio como LC-463. Travesía de Santiago de Compostela. De cruzamento e circunvalación con estrada da Coruña a Romero Donallo.

-Avda. de Xoán XXIII (LC-463. Praza da Paz ó convento de San Francisco), recollida no convenio como LC-464. Acceso LC-463 a Santiago de Compostela (de Praza da Paz ó convento de San Francisco).

Artigo 2º

Corresponderalle ó Concello de Santiago de Compostela a xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos das vías cedidas.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de novembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda