Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000 pola que se inscribe a Asociación Cultural O Cruceiro do Camiño de Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural O Cruceiro do Camiño de Santiago, con data do 21 de setembro de 2000.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural O Cruceiro do Camiño de Santiago quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 122.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo