Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, do 8-11-2000 publícanse as bases xerais e específicas que rexerán nos procesos de selección das prazas convocadas na oferta de emprego público do Concello de Marín de 2000 e que se relacionan a continuación:

Cadro de persoal funcionario:

-Unha praza de técnico de Administración xeral, grupo A, escala Admón. xeral, subescala técnica, clase técnicos superiores, denominación: técnico de Admón. xeral. Sistema de selección: oposición libre.

-Unha praza de técnico de grao medio, grupo B, escala Admón. especial, subescala técnica, clase técnicos grao medio. Denominación: técnico de grao medio servicios sociais. Sistema de selección: oposición libre.

-Seis prazas de gardas da policía local, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase policía local, denominación garda. Sistema de selección: oposición libre.

-Unha praza de conserxe de colexio público, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios. Denominación: conserxe de colexio público. Sistema de selección: oposición libre.

-Dúas prazas de peóns operarios, grupo E, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios. Denominación: peón operario. Sistema de selección: oposición libre.

-Unha praza de conserxe de colexio público, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios. Denominación: conserxe de colexio público. Sistema de selección: concurso-oposición restrinxido para promoción interna.

-Dúas prazas de oficiais albaneis, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios. Denominación: oficial albanel. Sistema de selección: concurso-oposición restrinxido para promoción interna.

-Unha praza de oficial fontaneiro, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios. Denominación: oficial fontaneiro. Sistema de selección: concurso-oposición restrinxido para promoción interna.

-Unha praza de cabo da policía local, grupo D, escala Admón. especial, subescala servicios especiais, clase policía local. Denominación: cabo. Sistema de selección: concurso de méritos entre persoal do concello, categoría garda.

Cadro de persoal laboral:

Nivel de titulación: superior. Denominación do posto: profesor de violín. Nivel de dedicación: contrato indefinido a tempo parcial. Número de vacantes: unha. Sistema de selección: oposición libre.

Prazo e forma de presentación de instancias: dirixiranse ó alcalde do Concello de Marín mediante instancia que se pode presentar en calquera das formas admitidas pola Lei de procedemento administrativo, xunto coa acreditación do pagamento dos dereitos de exame e demais documentación esixida nas bases. O prazo para a presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte da convocatoria que se publique no BOE.

Os seguintes anuncios serán publicados no taboleiro de edictos do concello e BOP, conforme determinan as referidas bases.

Marín, 9 de novembro de 2000.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde