Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000 pola que se anuncia concurso público para a contratación da obra de control de acceso de vehículos tipo TAG na zona histórica da cidade de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras; Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 930/2000.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxectivo: concurso de proxecto e obra, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da obra de control de acceso de vehículo tipo TAG na zona histórica da cidade de Ourense.

2.2. Prazo de execución: 6 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 60.000.000 de pesetas, IVE incluído (360.607,26 euros).

5. Fianzas:

5.2. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras; Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvaja, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade e acrediten a seguinte clasificación:

Grupo G, subgrupo 5, categoría F.

Grupo I, subgrupos 7 e 8, categoría E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 17 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1, das 9 ás 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 11 de outubro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde