Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

O Concello de Cambados convoca concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario, para a adxudicación das obras do centro socio-cultural e xuvenil en Cambados. O tipo de licitación fíxase en 94.419.360 pesetas.

As proposicións poderanse presentar durante o prazo de vinteseis días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP de Pontevedra.

O prego de cláusulas administrativas particulares poderase solicitar nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas celebrarase na casa do concello, á 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para presentación das

proposicións. O modelo de proposición figura como anexo ó referido prego.

Cambados, 14 de novembro de 2000.

Rosa Oubiña Solla

Alcaldesa accidental