Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 8 de novembro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da obra de abastecemento e saneamento en Suatorre e na rúa Ladeira (Baños de Molgas) incluída no FCL/2000, o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, ben que as licitacións se aprazarán canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Baños de Molgas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra abastecemento e saneamento en Suatorre e rúa Ladeira (Baños de Molgas) incluída no FCL/2000, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución por contrata e tipo de licitación 14.233.749 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Domicilio: Samuel González Movilla nº 2, Baños de Molgas, Ourense.

c) Localidade: Baños de Molgas, CP 32701.

d) Teléfono: 988 43 00 00.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhabil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Baños de Molgas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación (excepto sábados).

9. Gastos de anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario da obra.

Baños de Molgas, 8 de novembro de 2000.

José Carlos Sequeiros Pérez

Alcalde