Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos concursos públicos 145 e 161/2000.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artígo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7º, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Servicio Galego de Saúde - Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

-Número de expediente: 145/2000.

2. Obxecto do contrato.

-Tipo de contrato: contrato de subministracións.

-Descripción do obxeto: subministración e arrendamento de determinacións de coagulación para o laboratorio de urxencias.

-Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 166, do 28 de agosto de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 27.000.000 de pesetas (162.273,27 euros).

5. Adxudicación.

-Data: 9 de outubro de 2000.

-Contratistas:

Lote 1: Roche Diagnostics, S.L. 24.493.344 pesetas (147.207,96 euros).

-Orzamento total: 24.493.344 pesetas (147.207,96 euros).

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Servicio Galego de Saúde - Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006- A Coruña.

-Número de expediente: 161/2000.

2. Obxeto do contrato.

-Tipo de contrato: contrato de subministracións.

-Descrición do obxeto: subministración dun sistema de distribución de imaxe e son de alta calidade.

-Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 177, do 12 de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 17.000.000 de pesetas (102.172,06 euros).

5. Adxudicación.

-Data: 9 de outubro de 2000.

-Contratistas:

Lote 1: Alcatel España, S.A. - 16.820.000 pesetas (101.090,24 euros).

-Orzamento total: 16.820.000 pesetas (101.090,24 euros).

En cumprimento do previsto no artígo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte

ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de outubro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña