Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L. (expediente DP-209/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 209/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por Olga Lago Olmo, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., finali

zando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 4º C da avda. Carrero Blanco, 195 de Lugo.

As obras de reparación que se van realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en condensación nun dormitorio, na zona de fachada e medianeira.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

Non realiza-las obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 25 de setembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo