Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (8/2000).

Pola Comisión de Goberno Municipal do 27 de outubro de 2000 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do polígono F8.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coas seguintes modificacións:

Estatutos.

Artigo 5º: o domicilio da xunta establécese na Coruña, r/ Pose 45-1º B. O dito domicilio poderá trasladarse a outro lugar por acordo do Consello Rector.

Artigo 10º.5: tamén poderá ser membro da xunta a empresa urbanizadora que achegue total ou parcialmente os fondos ou medios necesarios para levar a cabo as obras de urbanización. A súa incorporación poderá realizarse mediante acordo da Asemblea Xeral da xunta de compensación por maioría simple de cotas de participación. Os propietarios desconformes con esta incorporación que se comprometan expresamente a sufraga-los gastos de urbanización que lles correspondan non serán afectados por ela na súa cota participativa.

Artigo 11º.2: unha vez constituída a xunta de compensación, a transmisión dos predios polos membros dela deberá ser notificada ó Consello Rector acompañada de copia do documento. O adquirente subrogarase para tódolos efectos na posición do vendedor e adoptará a calidade de membro da xunta.

Artigo 35º.2: salvo acordo en contrario, o pagamento das cotas de contribución ós gastos realizarase no prazo dun mes desde que se practique a notificación e requirimento polo Consello Rector, transcorrido o cal sen terse realizado incorrerase nun recargo do 10% e xuro moratorio ó tipo legal incrementado en dous puntos. Pasado outro mes instarase á Administración a utilización da vía executiva ou a expropiación forzosa se en anterior ocasión foi necesario acudir a esta vía aínda que estivese aínda en curso.

Bases.

Base 7: suprímese o punto 5.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación

á xunta de compesación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Francisco Núñez Mateo, como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente: e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta o xefe de xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requeri-la comisión xestora, e no seu nome a Francisco Núñez Mateo, para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa por tramitación do expediente, que ascende á cantidade de 757.550 pesetas advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresado a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

Sétimo.-Requiri-la comisión xestora, e no seu nome a Francisco Núñez Mateo, para que presenten ante esta Administración para a súa tramitación un estudio de detalle para o establecemento das rasantes definitivas e a ordenación de volumes da edificación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no de seis meses contados da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Comunícase así mesmo que a solicitude de adhesión á xunta de compensación deberá acompaña-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírense os mesmos para que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na r/ Pose 45-1º B de esta cidade, teléfono 981 17 32 64, ou ante

o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 8 de novembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda