Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 18/2000 a Luis Corujo Pombo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 18/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Luis León Rumbo e Mª Jesús Pulido

García, contra Luis Corujo Pombo, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 18/2000

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 18/2000, en virtude de denun

cia formulada por Luis León Rumbo e Mª Jesús Pulido García, tramitado contra Luis Corujo Pombo, o instructor emite a seguinte proposta de resolución.

Antecedentes de feito.

1. En data 5 de abril de 2000 dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 18/2000, polo que se lle imputaban a Luis Corujo Pombo, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5 letra C, da Lei 13/1996, de 30 de decembro, con base nos seguintes feitos:

a) Que Luis Corujo Pombo resultou ser adxudicatario da vivenda baixo C, do edificio sito na rúa Vila, 84 de S. Cosme de Barreiros (Lugo), construído baixo o expediente LU-83/030.

b) Que con datas 10 e 16 de novembro de 1999 e 13 de decembro de 1999, se realizaron visitas de inspección á vivenda adxudicada constatando, segundo se reflicte nas actas de inspección números 28/1999, 46/1999 e 61/1999, que a vivenda arriba sinalada está desocupada segundo manifestan os veciños.

c) Da información proporcionada por BEGASA resulta:

-Que nos últimos 12 meses o consumo de electricidade no dito domicilio é practicamente nulo.

-Que non existen lecturas de consumo de auga, así cono informe socioeconómico da asistencia social do Concello de Barreiros por non ter proporcionados os ditos datos polo aludido concello, a pesar de ter solicitado informe ó respecto.

2. Notificado o referido acordo ó interesado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño de 2000, practicáronse de oficio ó abeiro do artigo 16.2º do Regulamento para a potestade sancionadora, Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, as actuacións que se consideraron necesarias para o exame dos feitos e para determina-las responsabilidades susceptibles de sanción.

3. Que polo mesmo motivo de falta de ocupación habitual da vivenda da que é adxudicatario, se seguiu expediente sancionador nº 9/1997, o cal finalizou con resolución pola que se viña a impoñer a Luis Corujo Pombo unha sanción consistente en multa de 100.001 pesetas, a cal adquiriu estado de firmeza.

Feitos probados.

Determínase, así, como feito probado que Luis Corujo Pombo non cumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto en el artículo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda, establecidas no artigo 10 da

Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) de la Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu una axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define que no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo artigo despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular exerzan na vivenda unha profesión ou

pequena industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase responsable da dita infracción a Luis Corujo Pombo, correspondéndolle una sanción de 500.000 pesetas conforme o establecido no artigo 7 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infracción en materia de vivenda.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, propón:

Impoñer a Luis Corujo Pombo unha sanción de 500.000 pesetas de multa.

Notifíquese a presente proposta de resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó termo dos cales a delegación do IGVS dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 18 de xullo de 2000.

Francisco Centeno Márquez

Instructor