Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se ordena a incorporación ó período de actividade da prestación social a determinados obxectores de conciencia.

Intentando, sen resultado, o trámite de incorporación ordinaria dos obxectores de conciencia que figuran no anexo, e para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase a seguinte resolución:

A Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade coa Orde do 6 de setembro de 1999 (DOG nº 183, do 21 de setembro) pola que se desenvolve o exercicio das competencias en materia de prestación social substitutoria, acordou a súa adscrición para realiza-lo período de actividade. En consecuencia, debe incorporarse na data, entidade e destino que se relaciona no anexo.

Se por enfermidade non pode incorporase no día sinalado, deberá poñelo en coñecemento do responsable da súa entidade de destino, achegando un certificado médico e sucesivos partes de baixa por todo o período en que persista a situación de enfermidade. Tan pronto reciba a alta médica deberá incorporarse de inmediato, salvo no caso en que a súa enfermidade se prolongue por máis de tres meses contados desde a data de incorporación inicial ordenada. Neste caso, non pode xa incorporarse á entidade asignada e deberá remiti-lo informe ou parte de alta a esta delegación, para que lle sexa asignado un novo posto de destino.

Á vista da documentación médica achegada, a delegación, en calquera momento, poderá acordar que lle sexa practicado un recoñecemento médico.

O atraso na presentación, sen causa suficiente, sancionarase conforme o disposto nos artigos 17 e 18 da Lei 22/1998, do 6 de xullo (BOE do 7 de xullo), que tipifican as infraccións en materia da prestación social substitutoria e as sancións correspondentes. No caso de non incorporación poderá incorrer en responsabilidade penal, de acordo co establecido no artigo 527 da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, segundo redacción do artigo 1 da Lei orgánica 7/1998, do 5 de outubro (BOE do 6 de outubro).

Para calquera aclaración, poderá dirixirse á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais da Coruña (r/ Fernando Macías, 18-1º, teléfono 981 18 57 63).

Fronte a esta resolución, pode interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción desta notificación. O escrito de recurso, que expresará a razón en que se fundamente, poderá dirixirse a esta delegación provincial ou á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. A interposición de recurso ou outro tipo de alegacións ou reclamacións non suspende a orde de incorporación.

A Coruña, 18 de outubro de 2000.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nomeExpedienteEntidade e programaDNIData incorporaciónAlox./manut.

Álvarez González, Gustavo Adolfo199702163815 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

9.401.20617-1-200100

Chas Barbeito, Camilo199804102115 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

32.842.67217-1-200100

Fernández Pardiñas, David Elías199704539715 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

46.904.28617-1-200100

Galán López, Xusto199815055815 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

32.695.11817-1-200100

Garrote Vázquez, Diego199814267015 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

32.840.89317-1-200100

Lacorte Rodríguez, Alejandro199814606515 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

46.908.65517-1-200100

López Teijeiro, Alejandro199705727915 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

34.636.72417-1-200100

Martínez Naya, Diego199801783815 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

47.359.42917-1-200100

Purcallas Marchesi, Enrique Luis199704733915 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

32.815.56417-1-200100

Sande Rusconi, Sebastián Manuel199806989215 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

32.835.98017-1-200100

Zas Soto, David Darío199700047715 0111B 0010

Delegación de Xustiza, Interior e RR. LL.

Fernando Macías, 18-1º, A Coruña

47.355.67517-1-200100