Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (1297/1990).

No recurso 02/0001297/1990 interposto por Daniel González Rodríguez, contra resolución da COTOP e OP da Xunta do 10-1-1990 e contra a desestimación presunta do recurso de reposición contra ela e do escrito do 12-9-1990 sobre a concesión de aproveitamento de auga do río Figueiras en Mondoñedo a Nersa, para producción de enerxía eléctrica, por medio desta cédula emprázanse os herdeiros de Daniel González Rodríguez, con último domicilio coñecido en Urbanización Casablanca, 3 B-4D da Coruña, para que no termo improrrogable de nove días hábiles comparezan, se o consideran conveniente ós seus intereses, ante esta sala e no referido recurso, comparecendo en forma mediante procurador e avogado, ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, co obxecto de que poidan formular no referido recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que se non comparecen dentro do prazo recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

A Coruña, 24 de outubro de 2000.

Isabel Freire Corzo

Secretaria