Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.
Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convoca-la libre designación do antedito posto, con suxeición ás seguintes
Bases da convocatoria
1. Requisitos dos candidatos: poderán concursa-los funcionarios de carreira que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.
2. Solicitudes.
2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, (sito no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n), no rexistro do Campus de Lugo, (sito na Vicexerencia, avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n. Polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.
3. Méritos. Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.
4. Adxudicación de postos. No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.
5. Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da Coruña no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Denominación do posto: vicexerente.
Nivel: 28.
Grupo: A/B.
Localidade: Lugo.
Complemento específico: 2.927.736 ptas.