Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 4 de xullo de 2000, correspondente á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista B) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 2 de novembro de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Ángela Fernández Domínguez, Sonia Ogando Estévez, Mª Jesús García Folgueira, Clara Isabel Posada Rey e Mª del Carmen Liste Reboredo, contra a Resolución do 4 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista B) do grupo V.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición das interesadas, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por este, nas listas publicadas por Resolución do 4 de xullo de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista B) do grupo V, cos seguintes datos:

-Incluír a Ángela Fernández Domínguez, DNI: 35.547.157, lista B, con 2,150 puntos:

No posto número 56 no ámbito xeográfico X3606.

No posto número 53 no ámbito xeográfico X3609.

-Incluír a Sonia Ogando Estévez, DNI: 44.088.609, lista B, con 0,500 puntos:

No posto número 148 no ámbito xeográfico X3606.

No posto número 159 no ámbito xeográfico X3609.

-Incluír a Mª Jesús García Folgueira, DNI: 33.317.461, lista B, con 2,000 puntos:

No posto número 63 no ámbito xeográfico X2705.

-Incluír a Clara Isabel Posada Rey, DNI: 77.593.631, lista B, con 3,380 puntos:

No posto número 14 no ámbito xeográfico X2702.

No posto número 36 no ámbito xeográfico X2705.

No posto número 13 no ámbito xeográfico X2706.

No posto número 13 no ámbito xeográfico X2709.

No posto número 11 no ámbito xeográfico X2711.

No posto número 12 no ámbito xeográfico X2712.

-Incluír a Mª del Carmen Liste Reboredo, DNI: 32.390.258, lista B, con 3,000 puntos:

No posto número 52 no ámbito xeográfico X1505.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública