Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (138/2000-O).

Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz en comisión de servicios no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, por medio deste edicto fai público que neste xulgado, co número 138/2000, se seguen autos de xuízo universal de quebra necesaria de entidade Pulpo Costa Touriñán, S.L., con domicilio social na Praia de Quenxe, s/n, de Corcubión, téndose acordado por auto con data do 3 de outubro de 2000, declara-la entidade referida en estado de quebra necesaria, na que se designou comisario da quebra a Tomás Ucieda Somoza e depositario dela a Enrique Feáns García, retrotraéndose, sen prexuízo de terceiro, os efectos da quebra ó día 20 de abril de 1999.

Advírtese que ninguén faga pagamento nin entregue bens á entidade quebrada, debendo verificar esta circunstancia o comisario nomeado e, no seu día, os síndicos que se designen, baixo apercibimento de non telos por liberados das súas obrigas e advertíndolles a cantas persoas teñan bens da pertenza da entidade quebrada que fagan manifestación deles por medio de nota que entregarán ó comisario,

xa que, noutro caso, serán tidos por ocultadores de bens e cómplices da quebra.

Igualmente, decretouse a acumulación a este xuízo universal de tódalas execucións que houber pendentes contra a entidade quebrada, así como a retención da súa correspondencia.

Corcubión, 9 de outubro de 2000.

Juan F. Riobó Fernández

Secretario