Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de novembro de 2000 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios esenciais das institucións sanitarias do Sergas, durante a folga convocada polas organizacións sindicais, Federación de Servicios Públicos e de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores (UGT) de Galicia, as Federacións da Área Pública de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia, as Federacións da Área Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG), os sectores públicos da Confederación de Sindicatos Independientes e Sindical de Funcionarios, CSI-CSIF de Galicia, a Área Pública da Unión Sindical Obreira (USO) de Galicia, a Asociación Nacional de Profesores (ANPE) de Galicia, o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), que afectará a tódalas actividades laborais e funcionariais desenvolvidas polos empregados e empregadas públicos nas institucións sanitarias do Sergas, que terá lugar desde as 22 horas do día 21 de novembro ata as 22 horas do día 23 de novembro de 2000.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios,

así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta a tódolos empregados e empregadas públicos dos diversos organismos e institucións sanitarias do Sergas, para os días 22 e 23 de novembro de 2000, que se levará a efecto desde as 22 horas do día 21 ás 22 horas do día 23 de novembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 22 do día 21 ás 22 horas do día 23 de novembro e que afectará ó persoal mencionado, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos determinados nesta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

Entrando na análise dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinacións deles que, corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo de folga anteriores, tendo en conta as características e duración desta folga.

Os ditos criterios rectores explicítanse do modo seguinte:

Establécese o número de efectivos necesarios para garantir, en todo caso, a actividade urxente e preferente durante as horas da folga.

Ademais, resulta imprescindible mante-la continuidade da organización, sen rupturas ou efectos traumáticos que impidan a atención continuada dos usuarios na asistencia cirúrxica ou de tratamentos esenciais, evitando calquera prexuízo ou discriminación daqueles que se poidan ver afectados durante as horas de folga.

Con tal determinación mantense a programación básica da actividade, así como o funcionamento dos servicios centrais que permita, en todo caso, a realización das probas complementarias precisas. Igualmente os tratamentos dispensados non poden ser interrompidos ou aprazados por mor da incidencia da folga.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por tipos de persoal, o número de servicios mínimos do persoal afectado, determinando cada xerencia a distribución por servicios, que será publicada no taboleiro de anuncios de cada centro.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será

determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleriro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

FOLGA PREVISTA DESDE AS 22 HORAS DO DÍA 21 DE NOVEMBRO

ÁS 22 HORAS DO DÍA 23 DE NOVEMBRO DE 2000

Quendas noites: do día 21 ó 22 e do 22 ó 23.

Quendas mañá: días 22 e 23.

Quendas tarde: días 22 e 23.

Xerencia de Atención Primaria da Coruña:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1121516

Persoal sanitario non facultativo691514

Persoal non sanitario581513

Xerencia de Atención Primaria de Ferrol:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo361712

Persoal sanitario non facultativo311712

Persoal non sanitario22164

Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo743221

Persoal sanitario non facultativo583122

Persoal non sanitario421712

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo168105105

Persoal sanitario non facultativo509250186

Persoal non sanitario23510532

Complexo Universitario Juan Canalejo:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1549090

Persoal sanitario non facultativo433284205

Persoal non sanitario18612131

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo431414

Persoal sanitario non facultativo957056

Persoal non sanitario673713

Complexo Hospitalario Xeral-Calde:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo633635

Persoal sanitario non facultativo19712199

Persoal non sanitario1196014

Hospital da Costa-Burela:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo181111

Persoal sanitario non facultativo513828

Persoal non sanitario22115

Hospital de Monforte de Lemos:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo241515

Persoal sanitario non facultativo402421

Persoal non sanitario27135

Xerencia de Atención Primaria de Lugo:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1544242

Persoal sanitario non facultativo1434039

Persoal non sanitario1231415

Complexo Hospitalario de Ourense:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo11732*+15**31*+16**

Persoal sanitario non facultativo292191137

Persoal non sanitario1709736

* Gardas de presencia física.

** Gardas localizadas.

Hospital Comarcal de Valdeorras:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1388

Persoal sanitario non facultativo233617

Persoal non sanitario13204

Xerencia de Atención Primaria de Ourense:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1482822

Persoal sanitario non facultativo1112722

Persoal non sanitario772319

Complexo Hospitalario de Pontevedra:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1005249

Persoal sanitario non facultativo11712996

Persoal non sanitario1115618

Os facultativos de tarde e noite son os de garda.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo92100% garda100% garda

Persoal sanitario non facultativo306167125

Persoal non sanitario1399024

Hospital Nicolás Peña:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo611

Persoal sanitario non facultativo17109

Persoal non sanitario722

Hospital do Meixoeiro:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo57+100%*100*100*

Persoal sanitario non facultativo1498054

Persoal non sanitario884812

* Gardas e urxencias.

Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1446321

Persoal sanitario non facultativo1605616

Persoal non sanitario1063115

Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra Norte:

PersoalMañáTardeNoite

Persoal facultativo1363926

Persoal sanitario non facultativo1423825

Persoal non sanitario661710