Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co art. 326 da Lei 7/1995, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por concurso aberto urxente dos traballos de planeamento e cartografía do concello de Tui.

Prezo de licitación: 20.600.000 pesetas para a redacción xeral do PXOM e da cartografía 1/2000 núcleos na proporción e para cada un destes traballos indicada pola COTOP na súa resolución.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse na secretaría do concello no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 13 horas, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións do referido concurso.

Tui, 8 de novembro de 2000.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde