Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno na sesión celebrada o día 8 de novembro de 2000 aprobáronse os pregos de condicións económico-administrativas das obras do proxecto de saneamento nos núcleos de Soán, Orxais, Xestoso, Lamas, Paradaseca, Campos de Vila, Caspedro, San Xulián e Paradela (incluídas no programa PIEL 2000), cun orzamento de execución por contrata de 16.447.154 pesetas e un prazo de execución de 5 meses. As obras adxudicaranse polo sistema de concurso, procedemento aberto e tramitación urxente. O que se expón ó público polo prazo de 8 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Así mesmo, e coa excepción do disposto no artigo 122.2º do R.D. 781/1986, do 18 de abril, acordouse anuncia-la licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Quiroga, 9 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado