Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 27 do PXOU/rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa.

No BOP número 196, de 11-10-2000, insíerese anuncio deste concello no que se publica integra

mente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 27 do PXOU de Pontevedra, sita nas rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía de 6-7-1999) na sesión do pasado vinteseis de xuño, por instancia das entidades mercantís Construcciones, S.A. e Prycoga, S.L., actuando en nome e representación dos propietarios representantes do 98, 96 por 100 da superficie da citda unidade de actuación.

Durante o prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncino, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, número 2, desta cidade), para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesados ou afectadas.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes.

Pontevedra, 30 de outubro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde da Area de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secreario xeral do Concello de Pontevedra