Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do centro residencial e rehabilitador San Rafael.

3. Orzamento: (IVE incluído): 46.051.200 pesetas.

4. Duración do contrato: ano 2001.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: oito (8) días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a específica no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 250, do 31 de outubro de 2000.

Lugo, 31 de outubro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo