Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, por concurso procedemento aberto, do proxecto de saneamento, iluminación e auga e pavimentación do cemiterio POL/2000.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: saneamento do camiño do cemiterio, incluído no proxecto do enxeñeiro Alfonso Enríquez Moure, mailas melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución: seis meses. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 29.948.801 pesetas. Garantía provisoria: 598.976 pesetas. Garantía definitiva: 1.197.952 pesetas, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas. Obtención de documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, tlf.: 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral de 9 a 13 horas. Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3.-Melloras ó proxecto, en realización doutras obras. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sina

lado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros, publicados no BOP do 31-10-2000, remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 3 de novembro de 2000.

Alcalde accidental

Rubricado