Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ

ANUNCIO para a contratación da redacción do PXOM e cartografía.

Mediante acordo da Comisión Municipal de Goberno, con data do 11 de outubro de 2000, acordouse aproba-los pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación por concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario, da consultoría e asistencia para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal e cartografía 1/2000 núcleos do Concello de Paderne de Allariz (Ourense), documentos que se expoñen ó público na secretaría do concello durante os seguintes oito días hábiles ó da publicación deste edicto no BOP e DOG.

Así mesmo, acórdase abri-lo procedemento de licitación de acordo co establecido nos referidos pregos:

1. Entidade contratante.

Organismo: Concello de Paderne de Allariz (Ourense).

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: a redacción do Plan xeral de ordenación municipal e cartografía 1/2000 núcleos coa documentación e contido que se definen nos pregos de condicións técnicas e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 11.700.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 234.000 pesetas.

b) Definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

No Concello de Paderne de Allariz (Ourense).

Rioseco, nº 7.

32110 Paderne de Allariz (Ourense).

Teléfono e fax: 988 29 30 00 e 988 29 30 25.

7. Prazo de presentación de proposicións.

Os quince días naturais seguintes ó da última publicación deste edicto no BOP e no DOG (se coincidise en sábado ou festivo prorrogaríase ata o primeiro hábil seguinte).

8. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

9. Documentación que hai que presentar.

As proposicións para tomar parte neste concurso presentaranse en tres sobres de conformidade coas reglas establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.

10. Apertura de proposicións.

Ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación das proposicións (excepto se coincide en sábado, suposto no que a apertura tería lugar o día hábil inmediato posterior).

11. Outras informacións.

Criterios de valoración das propostas: os sinalados nas bases para a contratación.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paderne de Allariz, 13 de outubro de 2000.

Luis-Carlos Seara Nieto

Alcalde