Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, por concurso procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e capa de rodadura en camiños rurais PAM/2000.

Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente, Secretaría.

Obxecto do contrato, pavimentación de camiños, incluídos no proxecto do enxeñeiro técnico municipal Brea Villaverde, mailas melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución, tres meses. Tramitación, ordinaria. Procedemento, aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación, 40.134.533 pesetas. Garantía provisoria 802.690 pesetas. Garantía definitiva 1.605.381 pesetas, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas. Obtención de documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, tlf.: 57 01 65 extensión 15.

Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral de 9 a 13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3.-Melloras ó proxecto, en realización doutros accesos segundo anexo ó proxecto e valoración que se fixa no prego. Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros, publicados no BOP 31-10-2000, remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 3 de novembro de 2000.

O alcalde acctal.

Rubricado