Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello da Coruña, na sesión celebrada o día 13 de novembro de 2000, acordou aproba-lo prego de cláusulas administrativas particulares que regulará o concurso para a concesión do uso privativo dunha parcela sita no polígono de Adormideras, coa finalidade de instalar unha oficina de farmacia, o que se expón ó público para os efectos de reclamacións perante o prazo de trinta días que determina o artigo 121 do Regulamento de servicios das corporacións locais.

Poderá examinar e retirarse copia do prego na oficina de contratación, 2ª planta do Concello, praza de Mª Pita, 1-15001 A Coruña. Teléfono: 981 18 42 29. Fax: 981 18 42 71.

A Coruña, 14 de novembro de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcade delegado de Contratación