Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do 29-9-2000, adoptou o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva, aprobada inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria do 18-3-2000, di:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do solo empresarial S.R.A.U.3, consonte o informe emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda, con data do 15-9-2000, e condicionado ás observacións realizadas nel, de acordo coas modificacións prospostas, que son as seguintes e que se incorporarán ó Plan parcial:

-Nova portada do documento con data de setembro de 2000.

-Cadro de características, onde se especifica a previsión correspondente de prazas de aparcamento reservadas para minusválidos, de acordo cos módulos legalmente aplicables (páxina 59).

-Ordenanzas reguladoras art. 46 da rede viaria. Onde se xustifica a previsión correspondente de prazas de aparcamento reservadas para minusválidos, de acordo cos módulos legalmente aplicables, así como o cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas (páxina 74).

-Índice de anexos, incorporación da nova proposta de informe emitido pola CPTOPV do 15 de setembro de 2000 (páxina 105).

Segundo.-Comprometerse á tramitación da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en relación coa superficie residual do S.R.A.U.3, como consecuencia da súa inviabilidade futura como solo industrial.

Terceiro.-Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP, así como neste do texto da normativa e ordenanzas.

Cuarto.-Comunica-la aprobación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento aprobado definitivamente dilixenciados pola secretaría do concello.

Quinto.-O presente acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados ámbolos dous prazos a partir da súa publicación.

Arbo, 13 de outubro de 2000.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde