Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de obra pública con carácter urxente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: pavimentación de camiños, rede de sumidoiros e depuración en Ferreiros de Valboa.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.462.617 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 389.252 pesetas. Están exentos os licitadores con documento de clasificación empresarial vixente.

b) Definitiva: 45% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avenida de Madrid número 2. Código postal 27640. Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financiera e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

9. Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2º do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avenida de Madrid número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

Admisión de variantes: admítense a formulación de variantes en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán de ofertarse segundo se establece na cláusula 11.1.d do prego.

10. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 10 de novembro de 2000.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente