Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 6 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para fixación de rasantes na explanada TIR (zona portuaria), redactado polos arquitectos Antonio Rodríguez Martín e Antonio Espinosa Murias e promovido por Tirwest, S.L.

De conformidade co establecido no art. 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo

dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 8 de novembro de 2000.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde