Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle na U.E. IV-09 Ramón Nieto, 3 (expediente 5653/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución IV-09 Ramón Nieto 3, (exp. 5653/411) situada entre a rúa Ramón Nieto e a Travesía de Pardavila, promovida pola comisión xestora, actualmente constituída en xunta de compensación, do devandito polígono, conforme o proxecto técnico redactado pola arquitecta María A. Leboreiro Amaro, e visado polo COAG con data do

11 de setembro de 2000, coas precisións que se conteñen no punto seguinte deste acordo, así como a de que a parcelación e asignación de edificabilidades que figuran no estudio de detalle teñen carácter meramente indicativo, pendente de concreción no correspondente proxecto de compensación.

Segundo.-A aprobación definitiva, salvo suficiente xustificación en contrario, deberá incluí-la corrección da ordenación proposta, de acordo co sinalado polo arquitecto municipal no seu informe do 28 de setembro de 2000, sobre asignación á edificación consolidada, nº 129 da rúa Ramón Nieto, dunha altura de V plantas, reducindo a capacidade edificatoria dos sólidos que figuran na parcela B, así como a consideración dos espacios libres entre bloques como de cesións de uso público en superficie para facilita-lo acceso á zona verde e libre.

Terceiro.-Proceder a continuación ó trámite de información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como notificación individual ós propietarios afectados como ós estremeiros dos inmobles sinalados cos números 133-139 da rúa Ramón Nieto, 23 e 27 da Travesía de Pardavila 9ª e 3 da rúa Pardavila.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 25 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo