Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 6 de novembro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso da obra de construcción de acceso nas Bouzas (Fondo Cooperación Local coas Entidades Locais ano 2000), o cal se expón ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de construcción de acceso nas Bouzas conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agronómo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 10.441.192 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información. Ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: as catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios serán sempre por conta do adxudicatario.

Vilamarín, 8 de novembro de 2000.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde