Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 34/2000 a María José Díaz Pérez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 34/2000, seguido de oficio, contra María José Díaz Pérez, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 34/2000.

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 34/2000, tramitado contra María José Díaz Pérez, o instructor emite a seguinte proposta de resolución.

Antecedentes de feito.

1. En data 26 de maio de 2000 dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 34/2000, polo que se lle imputaba a María José Díaz Pérez, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, de 30 de decembro, con base nos seguintes feitos:

a) Con data 3 de novembro de 1999 envíase invitación ó pagamento dos recibos pendentes para amortiza-lo préstamo para adquisición de vivenda e, tras varios intentos de notificación, non foi posible en-

contrar a ninguén na vivenda.

b) Con data 9 de febreiro de 2000 realizouse visita de inspección á vivenda adxudicada, acta número 101/2000, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente.

c) Solicitada información ó Concello de Lugo, referente ó empadroamento da adxudicataria e informe sobre consumo de auga, resulta que:

-A adxudicataria non figura empadroada na vivenda de referencia.

-A vivenda non figura de alta no abastecemento de auga.

2. Notificado o referido acordo á interesada, practicáronse de oficio ó abeiro do artigo 16.2º do regulamento para a potestade sancionadora, R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, as actuacións que se consideraron necesarias para o exame dos feitos e para determina-las responsabilidades susceptibles de sanción.

Feitos probados.

Determínase, así, como feito probado que María José Díaz Pérez non cumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no art. 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu una axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, hasta o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase responsable da dita infracción a María José Díaz Pérez, correspondéndolle unha san-

ción de 250.000 pesetas conforme o establecido no artigo 7 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

Propón.

Impoñer a María José Díaz Pérez unha sanción de 250.000 pesetas de multa.

Notifíquese a presente proposta de resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó termo dos cales a delegación do IGVS dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 14 de setembro de 2000.

Francisco Centeno Márquez

Instructor