Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 24/2000 a María del Carmen Díaz Pérez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 24/2000, seguido de oficio, contra María del Carmen Díaz Pérez, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 24/2000.

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 24/2000 pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Antecedentes de feito.

1. En data 15 de maio de 2000, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 24/2000, polo que se lle imputaba a María del Carmen Díaz Pérez a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, con base nos seguintes feitos:

a) Que María del Carmen Díaz Pérez resultou ser adxudicataria da vivenda 4º G, das vivendas sociais sitas na rúa Greco, 4 de Sarria, expediente LU-94/502.

b) Que con datas 24 e 27 de marzo de 2000 e 10 de abril de 2000 realizáronse visitas de inspección á vivenda adxudicada, actas nº 4/2000, 6/2000 e 8/2000 sen que se localizase a ninguén no domicilio, presentando a vivenda aspecto de atoparse deshabitada, manifestando os veciños do inmoble que no domicilio citado non reside ninguén e permanece desocupado.

c) Que presentadas alegacións á iniciación do expediente sancionador, nelas faise mención especial da súa condición laboral como traballadores da industria do pan, polo que os seus horarios son especiais, o que xustifica a ausencia na vivenda ás horas das inspeccións realizadas. Xustifica a súa residencia con certificados de empadroamento, así como con certificados de consumos de auga e electricidade.

Feitos probados.

Determínase, así, como feito probado que María del Carmen Díaz Pérez non incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a residencia habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu una axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase así que o adxudicatario non incumpriu a obriga de ocupación da vivenda de forma habitual, polo que non procede a imputación de infracción ningunha e, consecuentemente, das san

ciones previstas na Lei 13/1996, de 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

Propón.

O sobresemento do expediente sancionador e o arquivo das actuacións.

Notifíqueselle a presente proposta de resolución á interesada coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó termo dos cales a delegación do IGVS dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 18 de xullo de 2000.

Francisco Centeno Márquez

Instructor