Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que por proposta do Servicio de Medio Ambiente Natural se somete o trámite de información pública durante un prazo de 15 días a modificación por fusión dos coutos de Bora e Monteporreiro, no río Lérez, concellos de Cotobade e Pontevedra.

De acordo co disposto no artigo 15.3º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a in-

formación pública durante un prazo de 15 días, durante os cales poderán formula-las alegacións que estimen oportunas, a proposta do Servicio Provincial

de Medio Ambiente Natural de modificación por fusión dos coutos de Bora e Monteporreiro, no río Lérez, concellos de Cotobade e Pontevedra.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta.

Pontevedra, 27 de outubro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra