Recibidas providencias do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, polas que se reclama o expediente administrativo relativo ós recursos contencioso-administrativos, procedemento abreviado 187/2000, interposto por Mª José Gómez Álvarez e outros, e procedemento abreviado 185/2000, interposto por José Antonio Gallego García, ámbolos dous recursos contra o acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza no marco da disposición adicional novena do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, modificada polo R.D. 668/1999, do 23 de abril.
A Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nos procedementos referidos e son emprazadas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo nú-
mero catro da Coruña no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.
Mª Reyes Carabel Pedreira
Directora xeral de Xustiza