Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 18 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de notificación da Resolución do 22 de agosto de 2000, recaída no expediente sancionador S-LU02-99, con orixe na realización de obras na denominada Casa Forte, sita en Santa Mariña, no concello de Outeiro de Rei (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle a Dositeo López Corral a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dictada no expediente sancionador S-LU02-99, instruído por infracción do disposto na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social y Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo da interposición de calquera outro que coiden oportuno.

De non presentaren recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción en vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: S-LU02-99.

Sancionado: Dositeo López Corral.

Domicilio que consta no expediente: Mosteiro, 27150 Outeiro de Rei (Lugo).

Resolución: 22 de agosto de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 90 g) da Lei 8/1995.

Sanción: 1.500.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

Francisco Castro Allegue

Subdirector xeral de Protección

do Patrimonio Cultural