Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000 pola que se anuncia poxa pública de armas.

Os días 11, 12, 13, 14, e 15 de decembro de 2000, en horario de 9 a 13 horas, estarán expostas nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo 25, 162 escopetas, 1 rifle, 13 carabinas, 8 revólveres e 14 pistolas, que serán poxadas polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas realizaranse o día 19 do mesmo mes a partir das 9 horas nestas mesmas dependencias.

Pontevedra, 18 de outubro de 2000.

José Luis Gómez Aparisi

Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil

de Pontevedra