Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Ponse en coñecemento do público en xeral, que, de acordo coas condicións establecidas nas operacións crediticias a xuro variable formalizadas coa Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, en función da posible alteración dos xuros para préstamos a 3 anos de determinados bancos (neste caso, do Santander Central Hispano, Bilbao Vizcaya Argentaria e Español de Crédito), o tipo de referencia para o ano 2001, resulta se-lo 8,833%, que é a media aritmética simple dos mencionados tipos, declarados ó Banco de España o 30 de setembro de 2000.

Como consecuencia, o tipo de xuro nominal anual aplicable a cada unha das indicadas operacións crediticias, e desde a data sinalada no contrato correspondente de inicio da posible alteración, será o resultado da suma alxebraica do dito tipo de referencia e da marxe pactada.

Dez de novembro de dous mil.

Roberto Rodríguez Moreira

Representante da Caixa de Aforros de Vigo,

Ourense e Pontevedra