Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Concello de Xermade (Lugo) anuncia concurso relativo á execución da obra pavimentación de accesos os núcleos de poboación de Pena (Xermade) e Castro (Cabreiros), polo procedemento aberto.

Prazo de execución: 3 meses.

Tipo de licitación: 3.589.334 pesetas (21.572,34 euros).

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación e 4% do importe do remate a definitiva.

Prazo e horas nas que poderán presentarse proposicións na secretaría: das 9 ás 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de ofertas en acto público: ás 13 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

Información: Concello de Xermade (Lugo). Teléfonos: 982 50 10 01 e 982 50 10 02.

O importe dos anuncios derivados da publicación da licitación será por conta do adxudicatario.

Xermade, 18 de outubro de 2000.

Manuel González Fernández

Alcalde