Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico da Central Hidroeléctrica de Chimparra, no río Condomiñas, sito no concello de Cedeira, provincia da Coruña e promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 15/065/1/2).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 1999, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden pertinentes.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do caudal

do aproveitamento da Central Hidroeléctrica de Chimparra, no río Condomiñas, concello de Cedeira (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias administrativas:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, r/ Feáns, 1-3. Santiago de Compostela. A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña. Edif. advos. Monelos, praza de Luis Seoane, s/n. A Coruña.

-Augas de Galicia, Demarcación Centro. Praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses). Santiago de Compostela. A Coruña.

-Concello de Cedeira, rúa Real, 15. Cedeira. A Coruña.

3. As alegacións formularanse por escrito durante o dito prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e deberán ser presentadas, por duplicado, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que faga referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dirixidas ó presidente de Augas de Galicia, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, s/n; 15704 Santiago de Compostela, indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito e un enderezo para efectos de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia