Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de xestión económico-financeira do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios

de desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de xestión económico-financeira do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, Tel: 981 54 11 01. Fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 20/2000.

2. Obxecto do contrato: servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de xestión económico-financeira do Igape.

Prazo de execución: o establecido na oferta técnica do adxudicatario, cos seguintes máximos: módulos 1-10 (ambos inclusive) 28 de decembro de 2000 e módulos 11-26 (ambos inclusive) 15 de novembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 13.572.000 pesetas (trece millóns cincocentas setenta e dúas mil pesetas), IVE incluído, orzándose os módulos 1-10 (ambos inclusive) nun máximo total de 4.640.000 pesetas, IVE incluído, e os módulos 11-26 (ambos inclusive) nun máximo total de 8.932.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (271.440 pesetas).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica